Sen alma

Así coma unha pedra, así vivo dende agora. Así me deixaron.
Agora serei capaz de facer tantas cousas que antes nin me atrevía si quera a pensar. Xa non me importarán os sentimentos dos demáis e buscarei o meu benestar. Como debía ter feito dende sempre.
Disfrutarei da vida e da xuventude, que seica voa e logo xa non volve. Disfrutarei dos praceres da vida, e dos pecados da mesma. Disfrutarei todo o que non disfrutei ata agora, e fareino sin asomo de dúbida ou inseguridade. Por que esas palabras morreron para min.
Disfrutarei dos meus amigos e amigas. Disfrutarei das atencións das que teño a sorte de ser protagonista. Porque mentres un desperdicia que unha rapaza de sentimentos sinceiros se arrastre, outros se arrastran por esa mesma rapaza. Non hai motivos para atascarse como se fora auga podre. Son como a chuvia de outono, e a chuvia cae e flúe.
Non me chegarían vidas para agradecer o apoio dos meus achegados, o cariño, as atencións e as palabras de ánimo dos mesmos. Agora a miña vida céntrase neles, en divertirme con eles, pasar o meu tempo con eles, agradecerlle cada minuto a súa presencia nos peores momentos. Porque os amigos están para mimalos, sempre e cando eses amigos non te leven polo mal camiño nin aconsellen accións que te poidan perxudicar. Sempre que acades o teu ben ca súa axuda, entón verás que son amigos para coidar e conservar. Así coma un pequeno pero á vez o máis valioso dos tesouros que na vida poderás ter entre as túas mans.


"Tempus fugit"

O tempo pasa máis rápido do que imaxinas, escápase coma a area entre os dedos. Lentamente pero sin pausa. Por eso disfrutaio todo agora, máis adiante non poderás, ou ben non terás as forzas para facelo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Ella.

All eyes on us