Namórate.

Ilusiónate. Pensa. Imaxina. Morre cos nervios. Cómete a cabeza por el ou ela. Berra. Ri. Chora. Sinte.

VIVE.

Tanto si te namoras por primeira vez, coma si non. Tanto si tes recordos, apertas e bicos que te perseguen aínda que te alonxes kilómetros, coma si non tes recordo nin experiencia algunha sobre o amor.
Quen che pode impedir namorarte? Só tu. Pero por qué impedilo?
Non queres sentir esa sensación no estómago que moitos chaman "bolboretas"? Esos nervios primerizos. Porque por moitos beizos que biques, cando te atopas cuns beizos ós que non estás acostumado volven esos nervios tontos, coma os do primeiro bico inocente que deches de neno.
Date a oportunidade de namorarte. Non xulgues a todo ser humano coma mentirosos e insensibles só porque te tropezaches cunha pedra sen sentimentos polo camiño. Caíches? Pois érguete e camiña, corre.
Corre cara os brazos dunha nova ilusión, uns novos pensamentos, unha nova causa para as túas risas e os teus sorrisos. Berra o feliz que eres e o feliz que te fai cada día cos seus detalles.
Berra que xa olvidaches todo mal que albergaba o teu interior. Berra que estás en paz. Berra que estás lista para volver a vivir e deixar de lado ese edredón e esa montaña de pañuelos baixo os que te escondías. Baixo os cales escondías o teu sorriso, do cal se volveron namorar.
Chora por cousas verdadeiramente importantes, e non por malos momentos que nos dea o amor. Por qué choramos? Choramos porque cando recibimos unha desilusión amorosa, a sensación é semellante a túa propia morte. Porque en parte morres, ou polo menos morre o sentimento que no teu interior vivía. Camiñas polas rúas, tan só físicamente presente. Só pensas nun por qué. Morres por dentro tú, a túa alegría e as túas ganas de seguir neste mundo.
Pero un día, unha chispiña encéndese no teu interior. Teño que seguir neste mundo, teño máis razóns para permanecer nel, que para deixalo.

E se aínda encima tes a posibilidade de volver ilusionarte, de que che volvan facer sorrir con tan só unha mirada cómplice. Ou cunha aperta que esconde máis sentimentos dos que en realidade pretende mostrar. Entón tes aínda máis razóns para enfrentar a este mundo cun sorriso.
Námorate. Pero sobre todo vive. Non dependas, de novo, de quen te enamoras. Ou volverás morrer.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Ella.

All eyes on us