Esperta.

Abre os ollos. Mira o sol que xa se asoma, nun novo mencer, nun novo día. Vendo este espectáculo da natureza, qué malo pode pasar? Acaso non merece a pena estar neste mundo só para ver estas paisaxes? Un mencer, un atardecer, observar o ceo nocturno cheo de estrelas e, por riba delas como a raíña dese ceo, unha gran lúa, branca, brillante, grande e oronda. E con algo de sorte ata se che pode aparecer una desas estrelas fugaces que toda persoa, xove ou maior, ansía ver cando está pasando por unha situación desesperada.
Non serve de nada, ou sí. Pero nós quedámonos mais tranquilos se lle pedimos eso que ansiamos a unha estrela fugaz. Farase realidade? Quen sabe, seguro que non. Só se temos sorte, aínda que eu son da opinión de que a sorte de cada un, vaina facendo un mesmo. Paso a paso e acción tras acción.
Pero volvendo ao tema. Non é mellor ver un mencer cos ollos brillantes, ledos e cheos de enerxías, que velo cuns ollos tristes e cheos de bágoas? As bágoas non che deixarán apreciar a beleza dese mencer. Ou das estrelas, ou de calquera cousa que vexas. Todo será borroso, e os teus pasos pola vida pasarán a ser inseguros.
Móstralle ao mundo que tes o sorriso máis fermoso de todos. Que ó verte sorrir, cos olliños chispeantes, da a sensación de que nada malo pode pasar, non o teu lado. Non derrames bágoas innecesarias e malagradecidas. Sorrí por quen esté ahí sempre, alimentando a túa ledicia. Sorrí por ti, e polo teu benestar.

"Si choras por non poder ver o sol, as bágoas non che deixarán ver as estrelas." Kalil Gibran.

Por eso sorrí, e se feliz co que tes. Sácalle o lado bo de todo, disfruta e aproveita o que tes agora. En vez de lamentarte polo que queres e non podes ter, ou o que perdiches.
Simplemente sorrí, e sobre todo vive. Pero vive nun mar de ledicia. Faino por ti.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Ella.

All eyes on us