Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012

Ana espertou,

sentouse na cama. Tocou o chan frío cas plantas dos pés e pousounos suavemente, para que non chiase. Mirou ás súas costas e veu como o que tiña por marido roncaba aínda no outro lado da cama. Ergueuse, de novo suavemente. Apenas dormira. Camiñou devagando cara o baño e acendeu a luz, pechou a porta con coidado.  Quedou mirándose no espello. Estaba máis pálida que a neve que cubrira as rúas o pasado inverno, as súas pálpebras parecían estar caídas e tiñan unha cor violeta que non era natural. Doíanlle os labios, aínda había sangue seco neles, tocounos. Cómo lle doian. Abríu a  billa e encheu a cunca das súas mans con auga fresca. Botouna na cara. Proíalle, toda a súa pel estaba como en carne viva. Secouse con coidado de no mancarse aínda máis. Volveuse mirar ó espello pero desta vez observou os moratóns no seu pescozo e as marcas de dedos non seus ombreiros e brazos. Doían menos. Sen dúbida onte á noite concentrárase máis na cara. Abriu a porta de novo con coidado de non facer ruid